Suadoiro verde botella The Mandilorian
24,90 €
Porque non todo ten que ser na galaxia moi, moi afastada.
Con este suadoiro, converteraste no auténtico “Mandilorian” galego. Porque se Boba Fett fose de Ourense, seguro que levaría unha coma esta mentres toma unha Estrella Galicia.
Perfecta para demostrar que, ademais de estrelas, en Galicia tamén temos estilo.
Este produto pode demorarse máis dunha semana en enviarse.
Se ten calquera dúbida póñase en contacto connosco.
Descrición
Suadoiro unisex con capucha de manga longa, bolsillo canguro e cordón plano axustable. Puños e cinturiña con punto canalé 1×1 con elastano.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 50% algodón / 50% poliéster
- Felpa perchada
- 280 g/m²
- (Cor gris vigoré 58: 55% algodón / 40% poliéster / 5% viscosa.)






