Suadoiro azul mariño Vota Freezer
24,90 €
Porque na política, como na vida, ás veces toca escoller entre o malo e o peor!
Este suadoiro é para os que saben que un villán con carisma sempre ten máis estilo. É tan cómoda, que incluso Freezer querría levala para conquistar o universo… ou para ir tomar un bo licor café!
“Vota Freezer. Porque se hai que escoller mal, escollámolo con estilo”.
Este produto pode demorarse máis dunha semana en enviarse.
Se ten calquera dúbida póñase en contacto connosco.
Descrición
Suadoiro unisex con capucha de manga longa, bolsillo canguro e cordón plano axustable. Puños e cinturiña con punto canalé 1×1 con elastano.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 50% algodón / 50% poliéster
- Felpa perchada
- 280 g/m²
- (Cor gris vigoré 58: 55% algodón / 40% poliéster / 5% viscosa.)






