Camisola negra Pakasa non vale furar
18,90 €
PAKASA! Ese berro que che facía correr para a merenda despois dun partidazo co balón máis duro co granito!
Esta camisola é unha homenaxe aos míticos Mikasa, coiro que sobrevivía a todo, menos ás discusións dos veciños. Ideal para nostálxicos do fútbol na rúa e para os que saben que no fútbol de verdade, as liñas son imaxinarias e os goles, historias épicas.
Leva posta e que se note que ti es dos que non vale furar!
Esta camisola pertence á colección Retro
Descrición
Camisola unisex de manga curta, pescozo redondo con cubrecosturas reforzadas.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 100% algodón
- Punto liso
- 165 g/m²









