Camisola branca Luke, pasa pa casa
18,90 €
Esta camisola é un recordatorio de que, en calquera recuncho do universo, unha nai sempre terá a última palabra.
Luke pode loitar contra o lado escuro, pero non pode escaparse dun “pasa pa’ casa!” ben dito.
Para os que saben que, á fin e ao cabo, na vida non hai Forza máis poderosa que a dunha nai preocupada.
E polo ben do universo, máis vale facerlle caso.
“Nin sable láser nin galaxias, a que manda é mamá”
Se ten calquera dúbida póñase en contacto connosco.
Descrición
Camisola unisex de manga curta, pescozo redondo con cubrecosturas reforzadas.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 100% algodón
- Punto liso
- 165 g/m²







