Camisola branca Lacazán
18,90 €
“Lacazán: o arte de facer pouco e parecer que fas moito”
Esta camisola é para os que saben que a vida se vive mellor a ritmo lento.
Ser lacazán non é sinónimo de preguiza, é ter unha filosofía de vida baseada no descanso estratéxico e en non deixarse levar polo estrés. Ideal para os que dominan a arte de facer o imprescindible… e nada máis.
Porque se algo non pode facerse mañá, é que non era tan importante.
Se ten calquera dúbida póñase en contacto connosco.
Descrición
Camisola unisex de manga curta, pescozo redondo con cubrecosturas reforzadas.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 100% algodón
- Punto liso
- 165 g/m²







