Camisola azul mariño Liorta
18,90 €
Para os que saben que unha palabra galega vale por mil, presentamos a camisola “Ollo que pode haber liorta“.
Inspirada no estilo implacable de John Wick, esta camisola deixa claro que aquí non se andan con chiquitas.
Perfecta para os que levan a retranca no sangue e están sempre listos para calquera liorta. Porque en Galicia, cando dicimos “ollo“, é mellor facer caso.
Pon esta camisola e que a xente saiba con quen está a tratar.
Este produto pode demorarse máis dunha semana en enviarse.
Se ten calquera dúbida póñase en contacto connosco.
Descrición
Camisola unisex de manga curta, pescozo redondo con cubrecosturas reforzadas.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 100% algodón
- Punto liso
- 165 g/m²







