Camisola azul Esmorga
18,90 €
Esta camisola é para aqueles que saben que a vida é moi curta para estarse quieto.
Ser de esmorga significa estar sempre listo para dar un salto e montar un bo sarau, sen importar se é luns ou domingo.
Para os que cren que cada reunión é unha boa ocasión para celebrar e para os que sempre teñen un “imos a outra?” preparado.
Se a noite é boa, non hai reloxo que importe.
Se ten calquera dúbida póñase en contacto connosco.
Descrición
Camisola unisex de manga curta, pescozo redondo con cubrecosturas reforzadas.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 100% algodón
- Punto liso
- 165 g/m²







