Camisola branca Lembranzas
18,90 €
Esta camisola é para os que saben que calquera historia do pasado mellora co tempo.
As lembranzas teñen esa maxia de facelo todo máis épico, máis divertido e, como non, moito mellor contado.
Ser galego é ter ese talento único para lembrar o pasado con nostalxia, como se cada cousa vivida fose máis fermosa do que realmente foi. Ideal para os que, coas lembranzas, sempre teñen un pé no onte e outro no hoxe.
“Porque os tempos que foron, sempre soan mellor cun toque de morriña”
Se ten calquera dúbida póñase en contacto connosco.
Descrición
Camisola unisex de manga curta, pescozo redondo con cubrecosturas reforzadas.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 100% algodón
- Punto liso
- 165 g/m²







