Camisola azul Lobiño
18,90 €
Se pensabas que Lobezno era cousa de americanos, estás moi trabucado!
Esta camisola é para os que saben que o verdadeiro superpoder é soportar unha semana de chuvia sen perder o sorriso.
Lobiño, o noso heroe, criado a base de caldo, filloas e un bo churrasco, está preparado para enfrontarse a todo: dende unha invasión de xabaríns ata unha boa trasfega de albariño.
Porque non é só cuestión de gadoupas de adamantium, senón de ter a retranca ben afiada.
Este produto pode demorarse máis dunha semana en enviarse.
Se ten calquera dúbida póñase en contacto connosco.
Descrición
Camisola unisex de manga curta, pescozo redondo con cubrecosturas reforzadas.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 100% algodón
- Punto liso
- 165 g/m²







