Camisola verde Fogar do Arnau
18,90 €
Entra no mundo de “Xogo de Tronos” á galega, onde os dragóns dan paso ao noso rei reptiliano: o Lagarto Arnau.
Esta camisola é para aqueles que saben que o verdadeiro poder non está no Trono de Ferro, senón no fogar acolledor dunha lareira galega.
Non hai inverno que poida con el, nin dragón que lle faga sombra. Criado a caldo de grelos e empanada de millo, o Arnau ten ben claro cal é o seu fogar e o defende con máis forza que calquera Targaryen.
Esta prenda é perfecta para ti, que sabes que a verdadeira batalla non está nos Sete Reinos, senón en manter a casa quente e a cunca de viño chea.
¡Que veña o inverno, que aquí estamos preparados!
Este produto pode demorarse máis dunha semana en enviarse.
Se ten calquera dúbida póñase en contacto connosco.
Descrición
Camisola unisex de manga curta, pescozo redondo con cubrecosturas reforzadas.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 100% algodón
- Punto liso
- 165 g/m²







