Camisola verde botella Pementos de Herbón
18,90 €
Esta camisola é un tributo aos famosos pementos que che fan xogar á lotería co paladar.
Ideal para os que queren levar un anaquiño de Galicia alá onde vaian, e con estilo!
Non se sabe se pica ou non ata que a probes, pero iso é parte da diversión, non si? Perfecta para esas conversas de: “A ver se che toca o picante hoxe“.
En fin, unha peza de vestir con moito xeito e moita retranca.
Vais deixar que che pique a curiosidade?
Este produto pode demorarse máis dunha semana en enviarse.
Se ten calquera dúbida póñase en contacto connosco.
Descrición
Camisola unisex de manga curta, pescozo redondo con cubrecosturas reforzadas.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 100% algodón
- Punto liso
- 165 g/m²







