Suadoiro negro Fender a Leña
24,90 €
Para os que saben que en Galicia, o rock tamén se toca coa motoserra.
Este suadoiro é para os que lles gusta fender leña e marcar o ritmo ao mesmo tempo. Ideal para levar coa cabeza ben alta e amosar que aquí, ata o traballo duro ten o seu punto musical; ou para os que prefiren a calor da lareira ao son dunha boa motoserra afinada.
Porque se algo sabemos facer ben, é poñerlle retranca a todo.
Non a deixes escapar, que a madeira non se fende soa!
Descrición
Suadoiro unisex con capucha de manga longa, bolsillo canguro e cordón plano axustable. Puños e cinturiña con punto canalé 1×1 con elastano.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 50% algodón / 50% poliéster
- Felpa perchada
- 280 g/m²
- (Cor gris vigoré 58: 55% algodón / 40% poliéster / 5% viscosa.)





