Camisola branca Radar do Dragón
18,90 €
Se pensabas que atopar as 7 principais cidades galegas era tan difícil como encontrar as bolas do dragón, é que non viche a nosa camisola.
Cun deseño inspirado no mítico radar de Bulma, cada vez que saias á rúa, estarás preparado para localizar as principais cidades galegas como se fosen esferas máxicas.
Dende A Coruña ata Vigo, pasando por Santiago e Lugo, estarás listo para atopar o mellor de cada unha e lucir un estilo que non ten rival.
Ideal para os que saben que a verdadeira aventura está en descubrir os segredos que ocultan as cidades galegas e, por suposto, en amosar un estilo que non deixa a ninguén indiferente.
Descrición
Camisola unisex de manga curta, pescozo redondo con cubrecosturas reforzadas.
Lavar con cores similares, non planchar o estampado, lavar e planchar do revés.
Composición
- 100% algodón
- Punto liso
- 165 g/m²







